Todo Nada

En setembro de 2003 a xornalista María Yáñez creaba o blog Todo Nada, unha das referencias do fénómeno blog en Galicia. Como é costume nestes primeiros blogs os artigos centranse en tratar o día a día da súa autora sen ter unha temática única definida.

Todo Nada estivo en activo ata xullo do 2006 e é a bitácora detrás do termo blogomillo para referirse á crecente comunidade de blogs en galego, sendo a primeira vez que se usa para dar a benvida ao blog de Manuel Gago.

“Outra vaca no blogmillo”