Orballo

Orballo é a bitácora de Ascárida, un dos primeiros blogs na nosa lingua que ve a luz o 26 de maio de 2003 sobre Movabletype, un xestor de contidos que permitía subir artigos e imaxes dunha forma máis sinxela.

A temática, como a maioría dos primeiros blogs, era variada, dende consellos, a política ou temas sociais.

Ascárida publicou a última entrada de Orballo en agosto do 2006 e deixou de estar dispoñible na rede en xuño do 2007.