Google faise con Pyra

No 2003 Google facíase con Pyra, a empresa detrás de Blogger. Esta sería a primeira e máis directa aportación do gran buscador ao mundo dos blogs.

No momento da adquisición Blogger contaba con preto de 1,1 millóns de usuarios rexistrados, aínda que só unha quinta parte das contas eran consideradas activas, e almacenaba máis de 90 millóns de posts. Un dos motivos polos que o acordo saíu adiante foi pola situación económica de Pyra, xa que pese a ter un sistema de pago chamado Blogger Pro só unha pequena porcentaxe, entre un 5% e un 10%, dos 200.000 usuarios activos pagaba por el, limitando os ingresos de Pyra a este sistema e a uns banners, chamados Pyrads que só aparecían nos blogs que non estaban neste plan de pago.

Ademais disto, Blogger xa pasara por momentos delicados na crise das puntocom, nos que tiveron que botar man de doazóns e novas inversións para seguir a frote.

Detrás desta compra existía unha gran motivación por parte de Google, algo que permitiría, e permite, a moitas persoas vivir de escribir en blogs a día de hoxe. A inclusión de AdWords, o servizo de anuncios de Google, nas páxinas dos blogs, empezando directamente na cima cun servizo como Blogger e sacándolle moito máis proveito a cada un dos 90 millóns dos posts do que Pyrads lle tivera sacado nunca. Este feito, esta adquisición axudarou sen lugar a dúbida a catapultar aínda máis o mundo do blogs en todo o mundo.

Curiosamente, e aínda que Blogger e moitos dos servizos de Google están dispoñibles en galego a día de hoxe, Adwords segue resistíndose a dar o salto.

 


Microsiervos | Google compra Blogger