2006
Abril
Estándar

EnBlogs’06

O 2005 é considerado o ano do “boom” da creación de blogs, por iso non é de estranar que empezasen a xurdir encontros onde intercambiar ideas e crear debates arredor de este novo movemento. Un dos primeiros encontros destacados a nivel autonómico foi o EnBlogs’06, unha xuntanza impulsada polo Consello da Cultura Galega cun claro obxectivo como aínda podemos atopar en Capítulo 0:

 

 

“O Consello da Cultura Galega quere abrir as súas portas ao debate, a reflexión e o intercambio entre os membros da comunidade blogueira galega e portuguesa e a todos os interesados nos novos fenómenos de comunicación en Internet coa convocatoria do EnBlogs’06: Encontro de blogs de Galicia e Portugal. O EnBlogs’06 quere reflexionar sobre os grandes e pequenos temas que rodean a creación de bitácoras: a tecnoloxía, o marco legal, os cambios sociais, as experiencias persoais e colectivas de creación, difusión e distribución de información e ideas a través deste formato.”

 

 


Sobre Enblogs 2006 | manuelgago.org

 

The end