2012
Outubro
Estándar

MexilOnseTuits

Tras un primeiro intento de crear uns premios que salientasen a labor dos blogs na nosa lingua da man da xente de Código Cero co nome de Os Blogues 2006, que por desgracia non chegaría a materializarse, teríamos que agardar ata o ano 2012 para que os MexilOnseTuits comezasen a súa andadura.

Estos premios, que estaban destinados a salientar os mellores traballos no eido do Social Media, estiveron en funcionamento entre os anos 2012 e 2014, sendo a edición do 2015 cancelada xa que a organización estimou que os traballos presentados non eran os suficientes para formalizar un evento de calidade. Este feito pode ser visto como un indicador máis do declive dos blogs en Galicia.

 


Web Archive | mexilonsetuits.com

Os blogues 2006 | Código Cero

The end