Estándar

A blogosfera en galego: demografía, usos e contidos

Dentro de EnBlogs’06 presentouse o estudo “A blogosfera en galego: demografía, usos e contidos” do Grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela, o primeiro da súa clase por parte dun grupo de estudos en Galicia. Esta análise que toma como punto de partida os resultados acadados por Carlos Neira no seu 1000 e un blogs en galego, profundizando máis nas métricas aportadas por este e introducindo novos datos.

Así deste estudo podemos destacar que:

  • un 58% dos blogs utilizan Blogger como o seu xestor de contidos, estando WordPress presente en menos de un 10%.
  • máis dun 98% dos blogs permite comentarios.
  • o 99% non emprega o podcast.
  • un 69% dos blogs foron creados en 2005.
  • un 98% do contido dos blogs é orixinal.
  • só un 11% das bitácoras tratan dous ou menos temáticas.

Con estos datos podemos concluír que o ano 2005 foi o gran ano dos blogs, con moi poucas bitácoras especializadas e sendo o factor social fundamental para o auxe. Tal e como conclúe o propio estudo:

“Parece que o despegue da blogosfera é xa un feito consumado. Nos últimos anos, a progresión no número de blogs foi exponencial. En Galicia, de xeito sincronizado co resto do mundo, esta gran explosión de contido produciuse no 2005, onde apareceron máis do 68% dos blogs analizados na nosa mostra. A inmediata adopción de tecnoloxías e formatos por parte da nosa sociedade, exactamente á mesma velocidade proporcional que no resto da Internet é un dato moi relevante que cómpre analizar con detemento.”


Web Archive | “A blogosfera en galego: demografía, usos e contidos” Grupo Novos Medios USC

 

more