2003
Marzo
Estándar

Días estranhos

Días estranhos é a proposta de Martin Pawley, un recopilatorio dos seus pensamentos e ideas sobre temas de actualidade como a guerra de Irak ou as eleccións en Galicia. Estivo aloxado dende os seus comezos en marzo do 2003 ata xaneiro de 2009 en Blogalia, onde aínda se poden consultar os artigos publicados.

Posteriormente mudaríase a Blogaliza onde seguíu publicando ata o 21 de outubro do 2010. Nesta data trasladaríase ao Xornal de Galicia, onde viviu uns meses renomeado como Sinais de vida. Pese a que os artigos xa non se poden atopar no citado xornal existe unha copia en Acto de Primavera, a bitácora onde escribe actualmente xunto a Xurxo González e José Manuel Sande.

Días estranhos constitúe en moitos sentidos unha referencia na temática dos primeiros blogs, todos eles marcados polos feitos históricos que rodean o seu nacemento, como son a catástrofe do Prestige en novembro do 2002 e a invasión de Irak no 2003, son temas moi tratados nestos primeiros artigos que sucan a rede.

 

more