Capítulo 0

Coa benvida de María Yáñez dende o seu Todo Nada ao blogmillo incorporábase en decembro do 2003 o tamén xornalista Manuel Gago ao mundo dos blogs con Capítulo 0. A bitácora que iría evolucionando cos anos como o seu propio autor ata converterse no que é hoxe, un referente da cultura e gastronomía de aquí e máis aló. Capítulo 0 conta co título de ser considerado o blog en activo máis antigo do blogomillo.

Ao igual que co resto de blogs a variedade das temáticas é unha constante á que o propio autor se refería na súa primeira entrada:

“( )Facer a vida pública significa converterme nun grupo editorial en min mesmo. Que será o que quero amosar de min mesmo? Non teño nin idea.”