Pyra Labs

Fundada en 1999 por Evan Williams e Meg Hourihan, Pyra Labs é unha das primeiras empresas en empregar o termo blog de forma regular. Contrariamente ao que se pensa non foron eles os primeiros en acuñar este termo, pero si que serían os responsables de extendelo e facelo popular creando unha das ferramentas que a día de hoxe segue sendo unha das eleccións predominantes á hora de crear un blog, Blogger.

Aínda que a súa idea primoxénita non era a plataforma de blogs senón Pyra, unha aplicación web que combinaba un xestor de proxectos, un xestor de contactos e unha lista de tarefas, esta deu lugar finalmente a Blogger.

Blogger viu a luz en agosto de 1999, e foi unha das primeiras ferramentas dedicadas á publicación de blogs coñecida por introducir un formato de edición e publicación moito máis sinxelo. Permitindo crear, editar e publicar artigos dende o seu sitio web, sen ser necesarios coñecementos de html ou ter que subir as anotacións a man. É dicir, introduciron o sistema de xestor tal e como o coñecemos hoxe en día.

Neste mesmo periodo de tempo tamén apareceron outros servizos que, aínda que a día de hoxe non son tan populares, tamén axudaron a dar a coñecer o mundo dos blogs. Algúns destes servizos son:

  • Open Diary lanzouse en outubro de 1997. OD, como se solía abreviar para referirse ao servizo, tivo a súa maior aportación na parte dos comentario, sendo o primeiro blog comunitario onde os lectores podían deixar comentarios. Daría por finalizada a súa andaina en outubro do 2014.
  • LiveJournal fundado en marzo de 1999 por Brad Fitzpatrick, segue hoxe en activo.
  • Diaryland é outros dos servizos que se iniciaron a finais da década dos noventa, en concreto en setembro de 1999, e que aínda hoxe segue en activo. Este servizo fundado por Andrew Smales centrábase na comunidade dos diarios persoais.

 


Imaxes | Blogger.com, Google