Backrub

Cando Sergei Brin e Larry Page fundan Google en 1998, este pouco ou nada tiña que ver co mundo weblog que se estaba formando naquel entón. Tras coñecerse en 1995 decidiron escribir xuntos a súa tese doutoral que trataba sobre os algoritmos para optimizar as procuras no primoxénita Internet que estaba empezando a chegar a millóns de casas de todo o mundo. Daquela tese saíu o algoritmo coñecido como Backrub que permitía rastrexar as ligazóns das páxinas cara atrás para medir a súa importancia dentro da rede.

En 1998 publicaron un artigo sobre o citado método como unha forma máis óptima que a utilizada ata entón para buscar e valorar cada páxina de Internet. Este algoritmo, que xa se estaba a utilizar no campus de Standford onde cursaron os seus estudos, chegou a oídos de Andy Bechtolscheim, cofundador de Sun Microsystems, quen lle entregou a Brin e Page un cheque de 100.000 dólares a nome de Google Inc. unha empresa que aínda non existía. O 7 de setembro dese mesmo ano Google abriu a súa primeira oficina onde traballaban só os dous fundadores da empresa, pero os seus servidores xa recibían unhas 10.000 demandas de información diarias.

Google fai referencia a Googol, o nome en inglés da potencia 100 do número 10 (o Googol é un 1 seguido de 100 ceros) en referencia á inmensidade da Internet.

 


Our Story | google.com
Imaxes | google.com