1000 e 1 blogs en galego

1000 e 1 bogs en galego foi a primeira análise que se fixo sobre o fenómeno dos blogs en Galicia. Este foi realizado por Carlos Neira Cortizas no seu blog Calidonia Hiberna entre febreiro e abril do ano 2006 e aínda se pode consultar nas súas cinco entregas. Así mesmo serviría de base para futuros estudos como o feito polo Grupo Novos Medios da USC titulao “A blogosfera en galego: demografía, usos e contidos

Desta análise podemos destacar que no momento da súa publicación, e a través dos métodos de investigación seleccionados, que:

  • existían máis de 1200 blogs en galego na rede.
  • aínda que os datos indican que os primeiros artigos poderían ser de 1996, dáse como unha data máis realista o 2001 residualmente e o 2002 como ano de crecemento constante.
  • dos blogs censados máis dun 66% estaban activos, un 26% inactivos, un 5% desaparecen dende o momento en que foran censados e os restantes non tiñan ningún tipo de contidos.
  • dos blogs dos que se coñecía o xénero do outor ou autora un 35% estaban escritos por mulleres.
  • a plataforma máis extendida era Blogger, cun gran aumento de usuarios no 2003.

Dende este mesmo estudo tamén se fai referencia a II Encuesta de webloggers y lectores de blog publicada en tiscar.com e na que xa queda reflectida a presenta do blog en galego a nivel estatal, sendo a cuarta lingua para os lectores, tras o castelán, o catalán, o francés e o portugués.