1997
Decembro
Estándar

Do web-log ao blog

Como toda historia esta tamén ten que ter unha data de inicio, e no mundo blogger ponse como data o 17 de decembro do 1997. Nese día Jorn Barger acuñou a palabra “weblog” inspirado por Dave Winer de Scripting News. Foi nese día cando Jorn empezou a escribir de forma diaria na súa web Robot Wisdom Weblog, algo que fixo na procura dunha audiencia coa que establecer conexións a través dos seus intereses comúns. Polo tanto o termo quedou definidio por el mesmo como unha forma novidosa de publicar na rede, de ter un web log diario.

Sería dous anos máis tarde cando Peter Merholz no seu blog peterme.com, rompería a palabra weblog nos termos we blog a modo de broma, termo que máis tarde sería usado por Pyra Labs e que sentaría as bases da nomenclatura tal e como a coñecemos hoxe en día.

Estas serían as orixes do termo, pero como podemos definir que é un blog hoxe en día?

Segundo a RAG podemos definir un blog como:

“Páxina web, xeralmente de carácter persoal, cunha estrutura cronolóxica que se actualiza regularmente e que presenta información ou opinións.”

A esta definición compre sumarlle un apunte, a presenza dunha sección de comentarios. Como veremos e como xa ben indicaba Jorn Barger, a parte social é unha parte fundamental dos blogs dende os seus inicios.

 


Definición na Rag | Blog

more